martes, 16 de agosto de 2011

Derradeira xornada de limpeza 2011


Jaime e Salustio tentando desentullar a canle do muíño de Sofía, para ver se os reos que se amorean no pozo aproveitan esa vía de auga para subiren. A cousa non é doada xa que leva moito tempo chea de paus, polas, raíces, follas... e toda clase de entullos.




Carlos, Ivan, José Manuel, Moncho, Clemente, Benito, Antonio... dándolle os derradeiros retoques as sendas e postos de pesca para, por esta tempada, ter todo o couto limpo e en orde.






Gocen da fermosura destas imaxes e xulgen vostedes mesmos se paga ou non a pena esforzarse para manter, ou alomenos tentalo, esta paraxe nas mellores condicións posibles.











Despois de non poucos esforzos, Jaime e Salustio acadaron liberar o paso pola canle do muíño!!
Grazas a tódolos compañeiros que participaron ao longo da tempada nos traballos de coidado, mantemento e limpeza do Couto. Sen a vosa colaboración, sen o voso esforzo, sen o voso interese e ánimo todo isto non sería posible. GRAZAS!! MOITAS GRAZAS!!