miércoles, 21 de septiembre de 2011

De poucos cartos e mal xestionados

Nestes intres de empobrecemento e limitación de recursos, propios e alleos, privados e públicos é cando adoitamos decatarnos de algúns comportamentos pióxenos. Este feito débese, non só a pirimidina que zumegan esas condutas, que tamén, senón máis ben ao feito de que cando hai menos que repartir aceiramos a nosa vixiancia. A xestión pública, coas eivas que ten, ao ser un cometido público no que non hai estímulo de organización indivual, tampouco de competencia de métodos, nin de técnicas de xestión e control de calidade, é algo que sen excesivo risco poderíamos calificar de caótica. Máis aínda se lle engadimos a súa face clientelar e oportunista, entre algunhas outras, tan escuras e infaustas coma calquera  das nomeadas.

Se para competir con garantías de éxito en salto de altura cómpre saltar de costas, cousa que coñecemos dende o ano 1968 cando Foxbury aplicou esta técnica nas olimpiadas de México, onde acadou a medalla de ouro. E que a Administración pública é unha organización económica, (á que pertencemos por domicilio, por obriga, sen poder escoller, temos que formar parte dunha Administración pública sí ou sí),  con dereitos coactivos e responsabilidade para actuar en función dunha lexitimidade que lle corresponde, non por propiedade senón derivada dun proceso electoral, tamén o asumimos. Pero se os responsables políticos queren que o cidadán teña o sentimento de que eles e a Administración que gobernan respetan os seus dereitos e garantías, sen discriminación, a Administración non debería desenvolver a súa xestión, ou aquelas xestións que pola súa natureza poidan considerarse menores ou de menor transcendencia, de nádegas á cidadanía nin as organizacións ou asociación implicadas na materia dese momento.

Na Administración, que ten unha responsabilidade fiduciaria, podemos adiviñar doadamente que os recursos humanos son unha limitación que atinxe directamente á fasquía da xestión pública. O prolixo uso de rendas políticas e de clientelismos levan a algúns a unhas relacións de emprego estables. Máis tarde non serán botados por razóns políticas e, dificilmente, o serán por vagancia ou incompetencia manifestas xa que, evidentemente, no seu momento nin siquera se tivo en conta a súa proficuidade para o posto ou a Administración correspondente, como tampouco adoita facerse despois discriminación por rendemento ou mérito. Non obstante, a maior eiva do sector público é que, accións ou decisións individuais ou de individuos que ocupan postos chave, producen efectos nefastos para a Administración e os seus administrados  e proxectan na cidadanía unha imaxe administrativa paupérrima, provocando entre o colectivo afectado por esas accións ou decisións un forte rexeitamento cara á Administración e quen a compoñe ou goberna. Isto último séntese de maneira singular nas administracións máis pequenas (autonómicas e locais), non só por abranguer unha superficie xeográfica restrinxida, que tamén, senón máis ben por coñecernos físicamente entre nós e coñecer con maior información accións e proxectos recíprocos e a súa aplicación e desenvolvemento, puntuais ou no tempo.

Na legalididade, eficacia e eficencia da distribución de bens e axudas públicas a entidades privadas sen ánimo de lucro, deberíanse ponderar con detemento tódolos aspectos relevantes ou que teñan incidencia nos bens e intereses públicos. Deberíase ter a certeza absoluta de que os que pretenden xestionar ou ter acceso a eses bens ou axudas públicas, ademais de cumpriren coa lexislación vixente para poder optar aos mesmos, fan uso deses bens ou axudas no interese público e non no interese privado duns poucos. Un funcionamento eivado da nosa Administración, estatal ou autonómica, óllase coma algo “diferenciador” en relación a outros países da UE, xa que o cidadán sinte que dela eflúe unha tensión evidente entre legalidade e discrecionalidade. Non se entenden senón decisións e resolucións que ao mesmo tempo que achegan a uns (con intereses privados ou que benefician tan só a certos grupos) á Administración pública, alonxan a outros (con intereses públicos e abertos a tódolos cidadáns), aos que non lles queda outra que espulgar as decisións administrativas e reclamar os seus dereitos polos medios e perante os órganos que en cada caso corresponda.  Como consecuencia disto, na cidadanía, colle fondo o sentimento de que na Administración pública prevalecen as cuestións políticas ou institucionais, entre outras, ás xurídico-económicas ou de interese público.

Manuel Mouzo Méndez

 

martes, 6 de septiembre de 2011

DE IRONÍAS E SÁTIRAS


A  Real Academia Española define ironía coma burla fina e disimulada. Sátira coma composición poética ou outro escrito cuxo obxecto é censurar acremente ou poñer en ridículo algo ou a alguén.
A ironía caracteriza o estilo de escritores intelixentes, coma Voltaire, Ambrose Bierce, Leopoldo Alas, Mark Twain, Swift ou Jon Juaristi.
Neste exemplo podemos ollar cómo burlarse da estúpida obsesión xeneolóxica e da xactancia familiar:

Como dúas o tres persoas suxeriron en varias ocasións que se eu escribira unha autobiografía leríana cuando tiviesen tempo, cedo finalmente a esta frenética esixencia do público e ofrezo eiquí a miña irónica historia.

A nosa familia é nobre e antiga, remóntase a moitísimos anos. O primeiro devanceiro de quen temos novas os Lorchins foi un amigo da familia chamado Cawon. Isto aconteceu no  século XI, cuando a nosa familia moraba en Vilaneen, condado de Buríen. A razón de que a nosa longa estirpe teña usado, dende entón, o apelido materno (agás cuando algún, de cando en vez, se refuxiaba, por mofarse, en algún nome suposto, para esquivar receos), en troques de Cawon, é un misterio que ningún de nós tivo maior desexo de remexer xamais. É unha mistura de escura e fermosa novela e resolvemos non tocala. Tódalas familias antigas fan deste xeito.
 
Arthur Lorchins foi un home moi destacado, en tempos de Guillerme II o Roxo. Aos  trinta anos de idade, aproximadamente, foi a unha fermosa paraxe de veraneo Galaico, chamado O Trullo [afamado caldeiro Galicien] para pescudar algo e xa non voltou. Mentras se achaba alí, finou de maneira repentina.

August Lorchins semella ter orixinado certo balbordo ao redor do ano 1160. Era un home moi alegre e adoitaba afiar o seu vello sabre e, despois de escoller un agocho axeitado nunha noite escura, atravesaba con él á xente cando pasaba, para vela saltar. Era un humorista nato. Pero chegou demasiado lonxe con isto e, a primera vez que o cacharon despoxando a unha desas persoas, as autoridades cortáronlle as mans e os pés e a él colocaronno colgado polo pescozo nun sitio alto e fermoso cheo de carballos, dende onde puidiese contemplar á xente e divertirse. Ningunha outra situación lle gustou tanto a August Lorchins e en ningunha outra quedou máis tempo. Logo, nos douscentos anos seguintes, a árbore xeneolóxica da nosa familia ostenta unha sucesión de soldados, de individuos nobres e apostos que ían ao combate cantando, inmediatamente detrás do exército, e que sempre saían da lide berrando, diante dél.

A principios do século XV temos ao fermoso Lorchins, chamado O Pillabán. Tiña unha letra moi fermosa, realmente fermosísima. Era capaz de arremedar tan ben a letra de calquera, que daban gañas de morer de risa ao velo. O seu talento proporcionoulle innumerables ocasións de divertirse. Máis tarde foi contratado para picar pedras destinadas a unha carretera, e a rudeza deste traballo escaralloulle o pulso. Con todo, gozou da vida sen folgar mentras se adicaba ao negocio das pedras, que, con pequenos intervalos, duroulle uns corenta e dous anos. De feito, morreu en servizo activo. Ao longo destes longos anos, o seu traballo satisfizo tanto, que aos poucos de rematar un contrato semanal o goberno xa lle daba outro. Era todo un neno mimado. Foi sempre o favorito dos seus camaradas de arte e, membro destacado da súa caritativa sociedade segreda, chamada A Cuadrilla da Cadea. Usaba sempre cabelo corto, tiña preferencia polos traxes a raias, a súa morte foi lamentada polo goberno. Causoulle unha dolorosa perda ao seu país. Era tan regular…

Algúns anos despois temos ao ilustre John Morgan Lorchins. John foi a América con Colón en 1492, en calidade de pasaxeiro. Semella ter sido un home dun temperamento rudo e desagradable. Queixóuse da comida toda a viaxe, ameazando continuamente con baixar a terra a menos que llela cambiaran. Quería sábalo fresco. Tódolos los días vagueaba pola cuberta osmando, mofándose do comandante e dicindo que, na súa opinión, Colón non sabía a onde ía nin  estibera xamáis alí noutras acasións. O memorable berro de “¡Tierra!” fixo vibrar tódolos corazóns, agás o seu. John mirou algún tempo por un anaco de vidro afumado a línea debuxada sobre as auguas na lonxanía, e dixo:

-¡Que me colguen se iso é terra! ¡É unha patera!

Cando este discutible pasaxeiro embarcou, só traía consigo un vello periódico que contiña un pano coas iniciales B. G., una media de algodón coas iniciales L. W. C., otra de la coas iniciales D. F. e unha camisa de noite coa marca O. M. R. E con todo, no que durou  a travesía, desacougábase máis polo seu baúl e dábase más ínfulas con ese motivo que tódolos demáis pasaxeiros xuntos. Se o buque estaba escorado a proa e non quería obedecer ao timón, él ía mover o baúl máis cara a popa e voltaba logo a observar o efecto. Se o buque escoraba a popa,  pedíalle a Colón que destacara algúns homes a fin de mudar de lugar esa equipaxe. Cuando se producía una tempestade era necesario amordazarlo, porque os seus lamentos con respecto ao seu baúl impedían que os mariñeros ouviran as ordes. Seica, non se lle imputou abertamente acto indecoroso algún, pero no caderno de bitácora anótase como circunstancia curiosa o feito de que, a pesares de traer a bordo a súa equipaxe envolta nun periódico, agora lévao a terra en cuatro baúles, nun canasto de vaixela e nun par de cestos de champaña. Pero cuando voltou insinuando, con aire insolente e fanfarrón, que lle faltaban algunhas cousas e que se propoñía rexistrar a equipaxe de tódolos demais pasaxeiros, isto xa excedeu toda medida e foi botado pola borda ao mar…FIN.

No referente á sátira, vista a definición que fai a Real Academia Española, non é a nosa intención poñer en ridículo a ninguén nin a nada. Non obstante desexamos dicir algo sobre a mala interpretación que se da xeralmente ao carácter e á condición de  sátira. Crése que os vulgares fan uso da sátira por un principio de envidia, pola impotencia de crear, ou por un xerme de enfado e de misantropía, todo isto froito de circunstancias persoais ou dunha eiva de organización. Aínda que tampouco non se pode negar que moitas veces persoas de talento teñan abusado  do don de ver o lado ridículo das cousas, ou que non o teñan feito algunas outras  para servir os seus fins particulares. 

Para que unha persoa poida facer un uso correcto da sátira cómpre que as circunstancias persoais o teñan colocado constantemente nunha posición illada e independiente; porque doutra maneira e, dende o momento no que se interese máis nunhas cousas ca noutras, difícilmente poderá ser observador discreto e xuiz imparcial de todas elas. Por un lado porque non ai verdade que, mal o inoportunamente dita, non poida semellar mentira; por otro porque rara vez nos persuade a verdade que non nos afaga. Son raras ademais as verdades que a Natureza nos presenta claras por sí soas ou que non necesitan, para ser comprendidas, coñecementos das circunstancias sociais nas que se dan ou nas que están envoltas. Pero no século da boa educación, de miramentos sociais, das mutuas consideracións que acadamos, a sátira necesita máis ca nunca do apoio da verdade e da utilidade; concedámoslle causticidade, se se quere, cuando lle sexa máis doado amosarnos unha verdade útil, poñendo en ridículo o erro; pero se as persoas non somos nada para a sociedade, se só as  accións públicas de algúns, se só os seus sistemas e os  seus erros políticos poden rozarse co interese xeneral, quitémoslle á sátira toda alusión privada, retirémoslle  a pezoña que a degrada e a fai velenosa, non poñamos en boca allea palabras que nunca delas saíron e que nin nunca se escoitaron, non mesturemos nas nosas liortas a persoas que nin saben de que vai a cousa, non escollamos sempre  a posibilidade que a sátira ten de ser máis prexudicial ca proveitosa. Non é doado escarnecer os erros dos homes sen facerse inimigos; porque rara vez o que o padeceu ten desprendemeento dabondo para esquecerse sen vingarse, ou tanta xenerosidade coma para facer sacrificio do seu amor propio e dos seus mezquiños resentimentos personais.

O escritor satírico é polo común, como a lúa, un corpo opaco destinado a dar luz, pero que non vale de nada se non ai quen o ilumine. A algún fáltalles o don de ver as cousas tal como son, non obstante si teñen o  de notar antes o lado feo das cousas ao fermoso. No sol chámanlle máis a atención as súas manchas ca súa luz. Esa acrimonia misma, ese sarcasmo xocoso que adoita facer tan a miúdo o contento dos demás, cando o autor e moi mediocre, remata empañándose ou empañando a quen non o merece. 

Agardamos que os nosos lectores perdoen doadamente este atrevemento, se antes de concluir este escrito lles confesamos que o que dou lugar a él foi unha inculpación que nos foi feita recentemente. Tentamos defendernos dunha suposta maligna condición allea. Quixéramos contribuir coas nosas febles forzas á perfección posible da sociedade á que temos a honra de pertencer. Deslindando sempre o lícito do que non o é, sen pretender unha pasión dominante de criticar todo, con razón ou sen ella; nin buscamos nin evitamos a polémica; pero sempre evitaremos cuidadosamente toda alusión impropia ou toda invasión na vida privada.

Xúlguennos agora os nosos lectores e asubíen en boa hora ao noso redor os pezoñentos tiros  dos que en realidade son máis malvados ca nós.