viernes, 11 de marzo de 2016

As Directrices da Paisaxe de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu resultado a un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible nesta ligazón).

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as Directrices da Paisaxe, é dicir, as determinacións, criterios e accións que deben definir o futuro da paisaxe de Galicia. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.

Para a participación nos diferentes obradoiros estase a realizar un convite a diferentes persoas e entidades, o cal agradecemos se difunda e faga extensivo a quen  teña interese en tomar parte nos mesmos. 

Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 981.910.206 e 608.201.251.

Sen outro particular, agradecemos de antemán a súa importante colaboración.

-- 
Equipo técnico das Directrices de Paisaxe de Galicia
Instituto de Estudos do Territorio
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano
Rúa de San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela




Na casa da cultura de cultura de Vimianzo o Martes 15 de marzo ás 18 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario